viernes, 17 de enero de 2014

Redes informáticas 2º avaliación


                 REDES INFORMÁTICAS
Definición: 
Unha rede é un conxunto de ordenadores conectados entre si, que poden compartir datos (imaxes, documentos, etc.) e recursos (unha impresora, disco duro, etc.).
A rede máis simple consta de dous ordenadores e a súa complexidade pode aumentar ata conectar miles de ordenadores en todo o mundo, tal e como sucede coa rede internet.

Básicamente a comunicación dentro dunha rede informatica é un proceso no que existen dous roles ben definidos para os dispositivos conectados, emisor e receptor que se van asumindo e alternando en distintos instantes de tempo. Tamén hai mensaxes que son o que estes roles se intercambia. A estrutura e o modo de funcionamento das redes informaticas actuais están definidos en varios estándares, sendo o máis estendido de todos o model TCP/IP, baseado no modelo de referencia ou teórico OSI.
Tipos de redes:  
As redes informáticas poden clasificarse de acordo con varios parámetros:
Segundo o seu tamaño ou área de cobertura:
-Redes de Área Local(LAN,Local Area Networks). Son redes de pequena extensión (rede dunha universidad,un edificio,una casa,etc)
-PAN (Persoal Area Network) ou rede de área persoal: está conformada por dispositivos utilizados por unha soa persoa.Ten un rango de alcance duns poucos metros.
-WPAN (Wireless Personal Area Network) ou rede inarámica de área persoal: é unha rede PAN que utiliza tecnoloxías inarámicas como medio.
-WLAN (Wireless Local Area Network) ou rede de área local inarámica: é unha rede LAN que emprega medios inarámicos de comunicación. É unha configuración moi utilizada polo seu escalabilidad e porque non require instalación de cables.
-CAN (Campus Area Network) ou rede de área de campus: é unha rede de dispositivos de alta velocidade que conecta redes de área local a través dunha área xeográfica limitada, como un campus universitario, unha base militar, etc. Non utiliza medios públicos.
-MAN (Metropolitan Area Network) ou rede de área metropolitana: é unha rede de alta velocidade (banda ancha) que dá cobertura nunha área xeográfica máis extensa que un campus, pero aínda así, limitada.
-VLAN: é un tipo de rede LAN lóxica ou virtual, montada sobre unha rede física, co fin de incrementar a seguridade e o rendemento. En casos especiais, grazas ao protocolo 802.11 Q (tamén chamado QinQ), é posible montar redes virtuais sobre redes  WAN. É importante non confundir esta implementación coa tecnoloxía VPN.

O seu nivel de acceso ou privacidade:
-Redes de Área Extensa(WAN,Wide Area Networks). Estas redes interconectan equipos xeograficamente máis dispersos (una ciudad,un país ou mesmo distintos continentes). 
-Internet: É unha rede mundial de redes de ordenadores.Se caracteriza por ser de acceso púcblico e permitir os seus usuarios comunicarse e compartir infórmación e servizos en todo o mundo.
-Intranet: É unha rede local que utiliza herramientas(web,correo electrónico,ftp,etc).Se pode considerar como unha internet privada que funciona dentro dunha mesma institución.
-Extranet: É unha rede privado virtual resultante da interconexión de dous ou máis intranets utilizando para iso internet como medio de comunicación.
 

Equipos en una red
Nas redes, en particular nas redes locais, adoitan diferenciarse:
-O servidor. É o ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser de web, correo electrónico,impresión, etc.
-Os clientes. Son o resto dos equipos conectados á rede. Normalmente estes equipos traballan de forma autónoma accedendo á rede para intercambiar información ou utilizar os recursos e servizos que ofrece o servidor.

Vantaxas e desvantaxas do modelo cliente/servidor.
 Vantaxes da arquitectura cliente/servidor
O modelo cliente/servidor recoméndase, en particular, para redes que requiran un alto grao de fiabilidade. As principais vantaxes son:
-Recursos centralizados: debido a que o servidor é o centro da rede, pode administrar os recursos que son comúns a todos os usuarios, por exemplo: unha base de datos centralizada utilizaríase para evitar problemas provocados por datos contraditorios e redundantes.
-Seguridade mellorada: xa que a cantidade de puntos de entrada que permite o acceso aos datos non é importante.
-Administración ao nivel do servidor: xa que os clientes non xogan un papel importante neste modelo, requiren menos administración.
-Rede escalable: grazas a esta arquitectura, é posible quitar ou agregar clientes sen afectar o funcionamento da rede e sen a necesidade de realizar maiores modificacións.

Desvantaxes do modelo cliente/servidor
A arquitectura cliente/servidor tamén ten as seguintes desvantaxes:

-Custo elevado: debido á complexidade técnica do servidor.
-Un elo débil: o servidor é o único elo débil na rede de cliente/servidor, debido a que toda a rede está construída en torno a el. 

Afortunadamente, o servidor é altamente tolerante aos fallos (principalmente grazas ao sistema RAID).
Recurso compartido: É calquera dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse nunha rede. Poden ser recursos compartidos os arquivos, as carpetas, unha base de datos, o disco duro, unha impresora, un DVD.
Conceptos básicos sobre redes: 
Cando se traballa con redes é necesario coñecer unha serie de conceptos, que son básicos para a súa montaxe, configuración e o seu posterior uso. Algúns deles son:
-A comunicación é o proceso que involucra un emisor, a unha mensaxe que será transmitida a través dunha canle e a un receptor.
Nunha rede, os ordenadores son emisores e receptores ao mesmo tempo. A canle é o medio polo que circulan os datos: cables, fibra optica, ondas, etc.
-Protocolo. Para que un emisor e receptor poidan entenderse entre si é necesario que utilicen unha mesma linguaxe. En informática, a esta linguaxe e  conxunto de regras chámaselle protocolo. O protocolo
máis utilizado é o que emprega internet e se chama TCP/IP.

-Dirección IP. É a dirección de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede identifícase por un número denominado dirección IP. A dirección IP está formada por catro números separados por puntos, cada un dos cales pode tomar valores entre 0 e 255.
-Mascara de rede. Número similar á dirección IP, que determina que parte da dirección IP especifica o equipo e que parte á subrede a que pertence. Utilízase para crear subredes.
-Grupo de traballo. Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede se poidan conectar entre si han de estar no mesmo grupo de traballo.
-Porta de enlace ou Gateway. É a dirección IP a partir da cal se sae da rede local cara ao exterior, xa sexa outra rede ou internet. Adoita ser a IP do router.
-DNS, Sistema de Nomes por Dominio. As direccións IP son difíciles de recordar polos usuarios. Por iso utilízase o DNS que asocia as direccións IP a un conxunto de palabras máis faciles de recordar.

Para máis información: prema aqui 
Ou vexa este video: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario